A pintora Marga Abadía realizará visitas guiadas á expo “Calma en el caos” a partir de hoxe e en horario de tarde

O público interesado en realizar o percorrido guiado polas mañás ou en domingo poderá solicitalo no teléfono 651 358 934

Valdoviño, 9 de xuño de 2022. A exposición «Calma en el caos» da pintora vallisoletana afincada en Pantín Marga Abadía amplía horarios á tarde e, tamén, incorpora visitas guiadas a cargo da propia artista. Así, estas celebraranse en horario de tarde, de 17 a 19:30 h, de luns a sábado. Así mesmo, o público interesado en participar nun percorrido guiado pola mañá ou un domingo, poderá solicitalo chamando ao teléfono 651 358 934.

A mostra pode visitarse na Casa da Cultura de Valdoviño ata o 27 de xuño, no horario indicado e, tamén, polas mañás de 12 a 14 horas de luns a domingo.