O Concello levará a cabo a cabo unha Xuntanza Interxeracional de Limpeza no areal da Frouxeira
A iniciativa, que promove o Océano Surf Museo, celebrarase o sábado 18 de xuño a partir das 11 h con participación aberta á veciñanza
Valdoviño, 8 de xuño de 2022. O Concello de Valdoviño, a través do Océano Surf Museo, promove a I Xuntanza Interxeracional de Limpeza Ambiental na Frouxeira. Unha iniciativa, para conmemorar por partida doble o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e dos Océanos (8 de xuño), que se celebrará o sábado 18 de xuño a partir das 11 h. Está aberta ao público en xeral, e o punto de quedada será o parque infantil da contorna.
Unha acción colectiva coa que se busca concienciar sobre a necesidade preservar o medio mariño que dará pé a unha segunda acción: o I Concurso de Eco-esCultura Concello de Valdoviño. Así, convocarase para o 2 de xullo un certame no que as esculturas se realicen a partir dos residuos retirados na xornada precedente. Unha segunda vida creativa para estes. Informarase en vindeiras datas dos prazos de inscrición no concurso.