Rede Xiana 2

Hoxe remata o prazo para presentar solicitudes para accións formativas dentro do Proxecto da Deputación da Coruña, REDE XIANA2. Un total de 21 persoas foron entrevistadas para participar na selección. A baremación das solicitudes levarase a cabo do 3 ao 10 de maio, con publicación dos listados a partir do día 16 do mesmo mes.