Os Monicreques de Kukas en Valdoviño

Os Monicreques de Kukas celebran o Día do Teatro o vindeiro domingo 27 de marzo, coa presentación de “Xan Perillán compra queixo, compra pan”. Ás 18:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
 
Os Monicreques de Kukas é unha das compañías de títeres máis antigas e prestixiosas do panorama teatral galego.
 
Espectáculo para público familiar, con entrada gratuíta.
 
Sinopse: “O amigo Xan Perillán vai comprar ao Hipermegasupermercado ·O Rato colorado”. Mais o trasno das ofertas o persigue... Comprará ben ou deixarase enganar polos enganos do consumismo? Coa súa maxia pode que faga unha compra responsábel e idónea ás súas necesidades...