Curso de formación “Emprende con éxito Ferrolterra”

Data: 
venres, 21 Agosto, 2015
Obxecto: 

Dirixido a futuros emprendedores/as das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, o prazo de solicitude finalizará o 9 de setembro de 2015. 
 
Os beneficiarios serán 15 proxectos da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal, que serán seleccionados por un comité de expertos de entre todos os presentados.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, sito en Praza de Armas, s/n, en horario de 9:00 a 14:00.
Presentarase en sobre pechado, consignando no exterior o nome do curso “Emprende con Éxito Ferrolterra” e os datos do solicitante. Este sobre conterá a seguinte documentación:

  • Anexo I cuberto.
  • Anexo II cuberto.
  • Copia do D.N.I. de todos os promotores do proxecto.
  • Copia do Curriculum Vitae de todos os promotores do proxecto.

O curso terá unha primeira fase teórica, cunha duración de 60 horas, en horario de tarde, de 17:00 a 19:30, no Centro de Emprego do Concello de Ferrol. A continuación organizaranse unhas mesas redondas en colaboración con algúns dos emprendedores máis destacados da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais realizaranse visitas guiadas a empresas, dentro das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Estas visitas teñen como finalidade dotar dunha visión práctica da organización e funcionamento no día a día dunha empresa. 
Elaboración do Plan de Negocio. Cada un dos proxectos desenvolverá a idea de negocio inicial coa que comezaron o curso, en atención ós coñecementos e ferramentas adquiridas ó longo do mesmo. Esta fase terá unha duración de 60 horas, e realizarase en horario de tarde de 17:00 a 19:30, no Centro de Emprego do Concello de Ferrol. A continuación asignarase a cada proxecto un titor persoal para os primeiros pasos como emprendedores.
Mais información: http://www.ferrol.es/emprego/ampliar.aspx?id=509  
 

Fase de tramitación:
Páxina: 
Economía e Emprego