Obradoiros de Conciliación Verán 2014

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, pon en marcha novamente os Obradoiros de Conciliacion nos meses de verán dende o Programa CONCILIA financiado pola Deputación da Coruña.
 
O Programa busca crear un espazo de calidade no que nenos/as se divirtan e aprendan en grupo interiorizando valores como a igualdade ou a solidariedade, ao tempo que se oferta un recurso para a conciliación laboral e familiar.
 
Os Obradoiros terán lugar nos meses de Xullo e Agosto de 9:30 a 14:00 horas na Casa da Cultura de Valdoviño.
 
A actividade vai dirixida a familias con nenos/as de 3 a 12 anos.
Requisitos a valorar:
- Estar empadroado/a no Concello de Valdoviño
- Escolarización en centros educativos do Concello de Valdoviño
- Ter a persoas proxenitoras traballando (vida laboral)
Os requisitos son preferentes, pero colleranse tódalas solicitudes ata cubrir prazas.
 
O prezo da actividade será de 36,88 euros/mes (Segundo a ordenanza municipal).
O prazo de inscrición remata o 19 de xuño de 2014.
Lugar de inscrición e información: Departamento de Servizos Sociais Comunitarios. Teléfono  981487041. ext.5 ou enderezo electrónico educacion.familiar.valdovino@gmail.com