Os semáforos de control de velocidade volven a estar activos na Porta do Sol

O Concello realizou estes días os traballos para a posta en marcha deste sistema e aclara que en ningún caso ten carácter sancionador

Os semáforos de control da velocidade na Porta do Sol volven a estar activos a partir de hoxe. Para iso, foi necesario levar a cabo unha serie de traballos eléctricos e procéder á instalación dun dispositivo de control da velocidade que, ao detectar a circulación de vehículos por riba do límite de 30 kms/h establecido na zona, cambia a iluminación da lámpada a vermello. O Concello de Valdoviño pon en marcha de novo este sistema semafórico despois de que, coa implantación da zona 30, veciños e veciñas solicitasen a medida para reforzar o control de velocidade. 

O Concello aclara que en ningún caso se trata dun sistema sancionador.