O Concello inicia as obras na estación de bombeo da Cubeta para ampliar o saneamento aos lugares de Fornos e Pallotas

O Concello investirá máis de 30.000 euros nesta intervención en Meirás

O Concello de Valdoviño vén de iniciar as obras de extensión da rede eléctrica para dar subministro á estación de bombeo situada na Cubeta, en Meirás. Unha actuación que permitirá a súa posta en marcha, facilitando a ampliación do servizo de saneamento aos lugares de Fornos e Pallotas, na parroquia. Operarios da firma Técnica Norte Electricidad SL, adxudicataria da intervención, levan a cabo as tarefas, nas que o Concello investirá máis de 30.000 euros con cargo ao POS Adicional. 

Ademais, será preciso a instalación das correspondentes bombas –cuxa sustracción denunciou no seu día o Concello ante a Garda Civil, aínda que nunca chegaron a funcionar, xa que a instalación carecía de suministro eléctrico, situación que se remediará con esta intervención-.