Aberta a inscrición nas accións formativas do PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural

Pode formalizarse a través da sede electrónica, rexistro xeral ou nos servizos sociais municipais

O Concello de Valdoviño, a través dos Servizos Sociais, informa da apertura do prazo para a presentación de solicitudes de candidatas a participar nas accións formativas de:

  • «Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións» (lugar de impartición: Narón, Cambre, Culleredo, Ortigueira, Ordes e Cee)
  • «Xestión de chamadas de Teleasistencia» (en Arteixo)
  • «Dinamización Comunitaria» (en Ortigueira, Santa Comba e Ordes)
  • «Guía de Itinerarios de Baixa e Media montaña» (en Teo e Mazaricos)

As accións inclúense na oferta de cursos promovidos pola Deputación provincial da Coruña ao abeiro do Proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural.

A presentación de solicitudes pode facerse directamente a través da sede electrónica do Concello de Valdoviño ou descargando os impresos dende esta e presentándoos no rexistro xeral. Nos Servizos Sociais municipais tamén axudan a cubrir e presentar a solicitude (con cita previa no 981 48 70 41 extensión 5).