A Asociación de Mulleres Rurais María del Mar Becerra inaugura exposición cos óleos dos seus talleres de pintura

Será este venres ás 19 horas, e as persoas interesadas en asistir poden retirar a súa invitación na Casa da Cultura de 11 a 14 h e de 16 a 20 h

A Casa da Cultura estrea exposición este venres cos óleos do taller de pintura da Asociación de Mulleres Rurais María del Mar Becerra. Será a partir das 19 horas, nun acto presidido polo alcalde, Alberto González, e con limitación de aforo. Así, as persoas interesadas en asistir poden retirar a súa invitación na Casa da Cultura de 11 a 14 h e de 16 a 20 horas -ata completar prazas-. 

Preto de 20 persoas de idades moi diversas, dende os 11 anos en adiante, toman parte nas clases, que imparte o pintor Leopoldo Rapela. Iniciaban as sesións no último trimestre de 2019, e tras un parón imposto pola covid-19, retomábanas este curso con grupos moi reducidos. Así, na mostra poderá verse ese traballo realizado ao longo destes meses. Predominan na expo os cadros sobre paisaxes de Valdoviño, aínda que tamén hai oco para os retratos ou os bodegóns. 

A partir do venres, a mostra poderá visitarse ata finais de mes de luns a venres de 10 a 14 h e de 18 a 20 horas, e as fins de semana, de 11 a 14 h.