A cantidade de mobles e enseres retirados por parte do Concello de Valdoviño experimentou un espectacular incremento co inicio do verán. Segundo os últimos datos dos que se dispón, do mes pasado, retiráronse un total de 28.880 kilogramos da vía pública, o que supón un aumento do 48,25%.

O alcalde, Alberto González, avanzou esta mañá que o Concello vén de activar unha convocatoria de subvencións destinadas a familias e menores para axudar a paliar o impacto económico, social e laboral derivado da crise sanitaria provocada pola COVID-19.