Comezan os traballos de renovación da cuberta da consistorial para evitar as filtracións ao interior do inmoble
Valdoviño, 24 de xullo de 2020. O Concello de Valdoviño iniciou a pasada semana as obras de renovación da cuberta da casa consistorial. Unhas obras necesarias polo avanzado estado de deterioro da infraestrutura, que derivaba en continuas filtracións de agua aos pisos inferiores, provocando humidades e desprendementos aos mesmos de xeito recurrente.
Deste xeito, a intervención, que se realiza con fondos propios e executa a empresa Marcial Díaz, requerirá dun investimento cercano aos 45.000 euros e conta cun prazo de execución dun mes.
Os traballos contemplan desmontar a cuberta existente formada por tella cerámica e placas de fibrocemento para colocar mestras de morteiro correctamente niveladas sobre as que se disporá dun illamento de 4 cms de poliestireno extruido. Atornillaranse novas placas de fibrocemento e, sobre estas, colocarase a nova cubrición de tella. Esta mesma operación levarase a cabo tamén na cuberta do campanario.