A Torre do Lago, un hotel moderno e de todas as vantaxes dun aloxamento rural.

Hotel A Torre
do Lago

Gozarás de todas as comodidades dun hotel moderno e de todas as vantaxes dun aloxamento rural, ademais con prezos moi competitivos. A súa localización permite dispor de vistas da lagoa da Frouxeira, un espazo protexido ao que poderás achegarte camiñando. Ademais, está nun punto de paso obrigado da Senda das Ondas, e sitúase preto dalgunhas das principais praias do municipio.

Os nosos servizos

Instalacións adaptadas
Cafetería
Aparcadoiro Privado
Zona verde
Recepción
Calefacción
Wifi gratis
Minibar
Cama supletoria

Goza das suas vistas a lagoa da Frouxeira.

Horario

Este hotel está aberto durante todo o ano.

Capacidade

Dispón de 7 habitacións dobres.

Cal é o teu plan?

Valdoviño ofréceche desde cámpings a pé de praia con todos os servizos que poidas imaxinar, ata casas rurais a poucos metros da costa con ambientes realmente acolledores. Hoteis e pensións cun excelente servizo e trato e novas formas de aloxamento, como os albergues. Aquí podes consultar todas as opcións.

Turismo rural

Conecta. Reláxate. Aquí tes a opción perfecta para converter a natureza no teu fogar sen renunciar a todas as comodidades.

Hoteis

Os nosos hoteis ofrécenche non só unha estancia cómoda e de calidade, permitiranche vivir unha experiencia única.

Pensión residencia

Se o que buscas é un trato familiar e un ambiente inmellorable, desfrutando de todos os servizos e comodidades, esta é a túa opción.

Albergues

Unha experiencia que está a cobrar protagonismo e á que Valdoviño se apunta a través de establecementos de primeira.

Surf house

Completa a túa experiencia co mar aloxándote en establecementos onde compartir a experiencia e gozar do mellor ambiente.

Camping

Acampada, autocaravaning, bungalows de auténtico luxo, tendas glámping... todas as opcións a pé de praia e cos mellores servizos.

Área de autocaravanas

Co Atlántico no horizonte e a natureza como escenario da túa estancia, aquí tes todos os servizos posibles para unha estancia única.