A Frouxeira Camper Park, atardeceres e postas de sol nunha contorna natural.

A Frouxeira Camper
Park.

Espectaculares vistas do conxunto que forman a lagoa e máis o areal da Frouxeira. Atardeceres e postas de sol inesquecibles nun espazo que conta con todas as comodidades para aparcar a túa autocaravana nunha contorna natural apracible e relaxada onde, a pesar da súa proximidade ao centro urbano, o único que escoitarás é o son dos paxaros.

Os nosos servizos.

Parcelas marcadas con toma eléctrica
Puntos de baleirado e carga de auga
Aseos accesibles con catro duchas
Ampla zona verde
Zona de pícnic
Zona de grella
Área infantil
Wifi gratis
Admite mascotas

O único que escoitarás é o son dos paxaros.

Horario

Aberto todo o ano. O horario de recepción no verán é de 11 a 13 e de 18 a 20 horas. No inverno, será indispensable a reserva telefónica ou online a través da súa web.

Capacidade

Temos capacidade para 30 autocaravanas.

Cal é o teu plan?

Valdoviño ofréceche desde cámpings a pé de praia con todos os servizos que poidas imaxinar, ata casas rurais a poucos metros da costa con ambientes realmente acolledores. Hoteis e pensións cun excelente servizo e trato e novas formas de aloxamento, como os albergues. Aquí podes consultar todas as opcións.

Turismo rural

Conecta. Reláxate. Aquí tes a opción perfecta para converter a natureza no teu fogar sen renunciar a todas as comodidades.

Hoteis

Os nosos hoteis ofrécenche non só unha estancia cómoda e de calidade, permitiranche vivir unha experiencia única.

Pensión residencia

Se o que buscas é un trato familiar e un ambiente inmellorable, desfrutando de todos os servizos e comodidades, esta é a túa opción.

Albergues

Unha experiencia que está a cobrar protagonismo e á que Valdoviño se apunta a través de establecementos de primeira.

Surf house

Completa a túa experiencia co mar aloxándote en establecementos onde compartir a experiencia e gozar do mellor ambiente.

Camping

Acampada, autocaravaning, bungalows de auténtico luxo, tendas glámping... todas as opcións a pé de praia e cos mellores servizos.

Área de autocaravanas

Co Atlántico no horizonte e a natureza como escenario da túa estancia, aquí tes todos os servizos posibles para unha estancia única.