Restaurante A Madriña, a opción perfecta onde poder saborear bos peixes e mariscos.
Restaurante A Madriña.
Alberga este restaurante cun marcado ambiente familiar, no que outrora foi un pub. Situado de camiño ás praias de Meirás, é unha opción perfecta para quen busca saborear bos peixes (rape, robaliza…) e mariscos. Aínda que na súa carta tampouco faltan as carnes. O local, ideal para grandes grupos, ofrece mil posibilidades, grazas ao seu espazo exterior. Para asegurarse un oco, recoméndase reservar.
Os nosos servizos
Ideal para grandes grupos.
Para asegurarse un oco, recoméndase reservar.
A nosa carta
Entrantes
Ensalada rusa, salpicón de rape e langostinos; croquetas caseiras de xamón ibérico ou de bacallau, revolto de grelos e lagostinos, polbo á feira; luriñas á andaluza, luriñas á prancha con alioli, chocos en salsa, roxóns de Soria, ensaladas.
Carnes
Rabo ao viño tinto, costeleta ao corte, entrecosto á prancha, solombo de tenreira á prancha, segredo ibérico, carrilleiras de tenreira ao Porto, carrilleiras de porco ibérico ao Pedro Ximénez, raxo con ovos rotos, zorza á tixola, salteado de polo á madriña.
Mariscos
Mexillóns ao vapor, langostino á prancha, nécoras, navallas de Muros á prancha; percebes de Meirás, zamburiñas á prancha, ameixa á prancha ou mariñeira, zarzuela de peixe e marisco, grellada de peixe e marisco, arroz con lubrigante.
Peixes
Rape en salsa mariñeira, bacallau á prancha, bacallau á cazola, pescada á cazola, robaliza salvaxe, rodaballo á prancha, linguado á prancha, salmón á prancha.
Ofrécense pratos para persoas vexetarianas e celíacas.
Visita tamén...
Restaurantes
Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.
Marisquerías
Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.
Casas de comidas
Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.
Pizzerías
O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.
Bocaterías e hamburgueserías
Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.
Cafeterías e copas
Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.