“Vida de cans”, unha alegoría da liberdade

Público adulto.
20:30 H 22:00 H
Auditorio da Casa da Cultura
15
Jan

“Vida de cans”, unha alegoría da liberdade

20:30 H 22:00 H
Auditorio da Casa da Cultura

Descrición:

Talía Teatro pon en escena esta comedia, que é unha alegoría da liberdade, na que se abordan cuestións netamente humanas a través de tres cans. A obra, escrita e dirixida por Cándido Pazó, mostra como afrontan cada un dos animais –todos con diferente carácter- a situación de recluídos nun recinto no que non lles falta de nada, excepto a liberdade. O espectáculo, dirixido ao público adulto, está protagonizado por Dani Trillo, Artur Trillo e Toño Casais.

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño.

Día e hora: venres 15 de xaneiro, a partir das 20:30 horas.

Retirada de entradas na Casa da Cultura na semana en que está programada a función (de luns a xoves de 16 a 19 horas).

Público adulto.

Coordinador:

Concellería de Cultura no Concello de Valdoviño.

Actividade incluída na Rede cultural da Deputación da Coruña.

Concello de Valdoviño
Porta do Sol s/n
15552 Valdoviño

Detalles

Event Category: ,
Categoría do Evento: Sociocultural
Evento: Teatro

Organizador

En vivo

Praias en directo: Goza da nosa costa en vivo