Reunión co responsable de Deportes da Deputación

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, e o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, desprazáronse este venres á Coruña para manter unha reunión de traballo co responsable de Deportes da Deputación da Coruña, o deputado socialista e alcalde de Cerceda, José Liñares.
 
Na reunión abordouse a problemática dos equipamentos deportivos do Concello e necesidades como a cubrición da piscina, o cambio de herba artificial no campo de fútbol ou os problemas no pavillón do Longoiro.
 

Benestar en balnearios 2016

O prazo de solicitude de participación no programa "Benestar en balnearios 2016" vén de abrirse, ata o 7 de marzo.
 
Para obter información sobre o programa, débese contactar co Departamento de Servizos Sociais Comunitarios Municipais (Tl. 981487041-ext.5).
 

Valdoviño estará presente no Campionato de España de Maratón

Cernadas correrá o seu 27º maratón
Juan José Pita é un especialista en carreiras extremas

Este domingo 21 de febreiro celébrase o Campionato de España de Maratón e Valdoviño estará presente, coa participación de Eduardo Cernadas e Juan José Pita Fragoso, dous atletas vencellados ao noso concello.
 
A proba, que terá lugar en Sevilla, será retransmitida por Teledeporte a partir das nove da mañá.
 
Eduardo Cernadas Vázquez leva máis de 500 carreiras ás súas costas, mentres que Pita Fragoso participou en probas de alta esixencia, como ironmans, triatlons ou os 101 kilómetros de Ronda.
 

Charlas informativas sobre o PXOM

O alcalde de Valdoviño vén de publicar un bando (dispoñible íntegro na sección correspondente aos Bandos) no que fai saber que co obxecto de informar sobre o estado actual da elaboración do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM) desenvolveranse unha serie de charlas informativas por parte do equipo redactor do Plan.
 

Precaución ante a alerta costeira

Ante as condicións meteorolóxicas adversas previstas para hoxe domingo, o Concello de Valdoviño recomenda non achegarse ás zonas costeiras.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS