A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitaron esta mañá a Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia do municipio para celebrar, xunto aos/as escolares, a conmemoración do Día Internacional dos Humidais. Unha visita na que tamén tomaron parte concelleiras e concelleiros da corporación e na que coñeceron moi de preto o proxecto educativo destas instalacións, emprazadas en pleno paseo da lagoa e praia da Frouxeira.