Xuventude
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) é o departamento do Concello que presta servizos de atención á xuventude de Valdoviño. Está situado no primeiro andar da Casa da Cultura e promove diferentes actividades de dinamización.
Entre as súas funcións están informar acerca dos programas, actividades, cursos e convocatorias da Dirección Xeral de Xuventude ou das convocatorias como "Iniciativa Xove" e de tramitar a participación en programas de Campamentos para rapaces, Campos de traballo, Roteiros para a xuventude, etc.
Para beneficiarse das actuacións organizadas para a xuventude e dos descontos exclusivos, a Xunta de Galicia creou o Carné Xove, unha tarxeta persoal e intransferible que acredita á mocidade de 12 a 30 anos. Os interesados en obtelo poden consultar o trámite correspondente ao Carné Xove nesta mesma web.
Publicacións periódicas:
Recíbese a Revista da Rede Galega de Información Xuvenil, de periodicidade semanal, na que se pode atopar información acerca de cursos, proxectos, foros, actividades, xornadas, bolsas, axudas, concursos e información sobre emprego público e/ou procedente da iniciativa privada.
Recíbese a revista Xuventude. Novas, que contén un calendario de actuacións de grupos de interese para a xuventude ao longo das principais cidades galegas.