Cultura
O Concello de Valdoviño ofrece os seguintes servizos culturais, centralizados na Casa da Cultura:
-
Biblioteca Municipal. Posibilidade de consulta de material bibliográfico (libros, revistas, boletíns) na propia biblioteca sen ser socios e con servizo de préstamo do mesmo sendo socio. Uso de computadores con acceso a Internet e rede wifi sendo socio e actividades culturais específicas (como contacontos, charlas, obradoiros).
A Biblioteca conta cunhas liñas de uso aprobadas en abril de 2013: Regulamento de funcionamento. - Sala de exposicións. Preparada especificamente para exposicións, obras de artesanía, escultura, etc.
- Aula de informática. Dispón de 11 equipos informáticos con Windows XP, paquete office e software libre. Así mesmo, ten acceso a rede de Internet. Dispón de horario de acceso libre ao público, agás cando se realizan cursos, principalmente de Alfabetización Dixital.
- Sala de usos múltiples. Con capacidade para 25-30 persoas. Utilízase para actividades socioculturais como obradoiros, cursos, reunións.
- Oficina do equipo de dirección do CRA (Colexios Rurais Agrupados) O Esquío, de cinco parroquias de Valdoviño.
- Auditorio. Con capacidade para 170 persoas. Preparado para variedade de espectáculos culturais: teatro, cinema, charlas… Dispón de equipo de son con megafonía, equipo de luces con focos para actuacións, proxector portátil con pantalla, cámara negra e camerinos.
- Anfiteatro exterior. Con bancadas para aproximadamente 150 persoas.
- Accesibilidade para persoas con problemas de mobilidade funcional.