- Galego
- Español
- English
Cursos da EGAP
A Escola Galega de Administración Pública convoca dous cursos superiores:
- III Curso de Rehabilitación e Revitalización Urbana en Galicia: ten como obxectivos transmitir a necesidade da renovación e rehabilitación urbana como unha alternativa ao modelo de crecemento urbano sen límites, dar a coñecer unha metodoloxía válida para realizar as memorias-programa para a petición de ARIŽS, e amosar como conseguir unha xestión eficiente dos programas de rehabilitación, entre outros.
- Curso sobre expropiación forzosa e valoracións Procedemento expropiatorio: O obxectivo desta actividade formativa é que os destinatarios obteñan unha visión práctica e realista da complexa materia das actuacións en materia de expropiación da Xunta de Galicia e dos municipios da Comunidade Autónoma, analizando cuestións de actualidade neste campo, tanto de forma individual como en grupo.
Pódese obter máis información na web da Escola, no DOG do 3 de maio ou nas redes sociais (facebook e twitter).
Ata o 18 de maio