O Concello de Valdoviño promove un roteiro guiado polo universo de Concepción Arenal
O Concello de Valdoviño convida á veciñanza a tomar parte no roteiro guiado polo universo de Concepción Arenal que organizará o vindeiro 14 de marzo en Ferrol, a súa cidade natal, no marco do programa «Somos e Contamos». Unha actividade pensada para nenos/as e persoas adultas guiada polo profesor de Xeografía e Historia Orlando Jara.
A participación é gratuíta, pero as prazas son limitadas -con preferencia para as persoas empadronadas en Valdoviño-, e requírese de inscrición previa. Está aberta, ata o xoves 12 de marzo, na Casa da Cultura -de xeito presencial ou no teléfono 981 48 76 66- en días laborables de 11 a 14 horas.
Dunha hora e media de duración, arrancará ás 18 horas do Cantón de Molíns (Ferrol) e rematará na Avenida de Esteiro.