Novo Servizo de Orientación Laboral no Concello de Valdoviño
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da posta en marcha do Servizo de Orientación Laboral no municipio grazas a un programa da Mancomunidade cofinanciado polo Ministerio de Traballo e a Consellería de Emprego, xunto aos concellos de Ares, Mugardos, Neda e Valdoviño. Así, unha orientadora laboral ofrece asesoramento os xoves ás persoas demandantes de emprego. Ten a súa oficina no segundo andar da casa consistorial e as persoas interesadas teñen á súa disposición o teléfono de información e cita previa 627 586 101.
Este servizo, en colaboración co Servizo Público de Emprego de Galicia, orienta, informa e asesora ás persoas demandantes de emprego no seu proceso de búsqueda activa de emprego e/ou formación para a mellora da súa ocupabilidade tendo en conta as características do mercado de traballo e o perfil profesional das persoas demandantes a través da: atención personalizada, motivación persoal e profesional, deseño de itinerarios personalizados de inserción, asesoramento e axuda técnica para a elaboración do CV, recursos e ferramentas para a procura activa de emprego, información e asesoramento sobre o mercado de traballo e as políticas activas de empreg, oferta formativa e programas que faciliten a mobilidade para a formación e cualificación europeas, e información e asesoramento sobre os recursos de apoio para a posta en marcha de proxectos emprendedores ou de autoemprego.