Retribucións da corporación
Ningún cargo electo do Concello de Valdoviño recibe remuneración salarial (parcial ou completa), nin o alcalde nin os concelleiros.
As únicas retribucións dos membros da corporación son por asistencia ás sesións dos órganos colexiados dos que forman parte, coas seguintes contías:
- Por asistencia a Plenos: 100 (cen) euros por sesión.
- Por asistencia á Xunta de Goberno: 80 (oitenta) euros por sesión.
- Por asistencia a Comisións informativas e Mesas de contratación: 55 (cincuenta e cinco) euros por Comisión e por Mesa.
Ademais aqueles membros da corporación que realicen comisións de servizo fóra do término municipal terán dereito a ser indemnizados mediante axudas de custo segundo o importe legalmente establecido, con dieta enteira (nos casos con pernocta) ou media dieta (noutros casos). Os gastos de viaxe polo uso de vehículo particular serán os legalmente indicados, mentres que no uso doutros medios indemnizarase co importe do billete ou pasaxe empregada.