- Galego
- Español
- English
Bonificación na cota de autónomos por atención a un familiar con discapacidade con necesidade de apoios intensos
Os traballadores incluídos no Réxime Especial da Seguridade Social de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (REA) terán dereito, por un prazo de até doce meses, a unha bonificación do 100 % da cota de autónomos por ter ao seu cargo un familiar con parálise cerebral, enfermidade mental ou discapacidade intelectual cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 % ou unha discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
A situación de discapacidade con intensas necesidades de apoio ou supervisión deberá estar debidamente acreditada e o familiar non poderá desempeñar ningunha actividade retribuida.
Así o establece unha modificación normativa incluída no proxecto de Lei de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas de orde social, que acaba de ser aprobado polo Congreso dos Deputados e que pasou ao Senado para continuar a súa tramitación.
Esta medida, exposta polo CERMI e asumida polos grupos parlamentarios do Congreso, diríxese a favorecer entre os traballadores autónomos a conciliación da vida profesional e familiar vinculada á contratación.
A aplicación desta nova bonificación estará condicionada á permanencia en alta no REA e á contratación dun traballador, a tempo completo ou parcial, que deberá manterse durante todo o período do seu goce.
Ademais da discapacidade, este mesmo beneficio esténdese ás situacións de dependencia e de coidado de menores de 7 anos a cargo do traballador autónomo.
Fonte: CERMI