- Galego
- Español
- English
Axudas asistenciais individuais para os galegos no exterior
Normativa:
Resolución do 15 de xaneiro de 2015 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para residentes no exterior durante o ano 2015.(DOG nº 14 do 22/01/2014)
Obxecto
Convocar axudas económicas individuais de carácter social para o ano 2015. Van dirixidas aos emigrantes de orixe galega que posúan a nacionalidade española e a determinados familiares, residentes nun país do estranxeiro no cal o estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación económica por ancianidade no ano 2014, que se atopen en situación de precariedade económica. Estas axudas, de carácter individual, extraordinario e non periódico, están destinadas a cubrir necesidades básicas de subsistencia e a atención sociosanitaria.