II Concurso de relato curto e debuxo Concello de Valdoviño
Concurso de relato curto e debuxo dirixido a rapazas e rapaces empadroados no Concello de Valdoviño e /ou alumnas e alumnos do CPI Atios e CRA “O Esquío” aínda que non estean empadroados no Concello. Os relatos e debuxos deberán ser orixinais, non premiados noutros certames, de temática libre e no que proceda escritos en lingua galega.
O xurado estará composto por:
Alberto González Fernández, Alcalde do Concello de Valdoviño.
Rosana García López, Concelleira de Cultura do Concello de Valdoviño.
María Ruan Serantes, mestra do CPI de Atios de Valdoviño.
Blanca Riveira Roca, mestra do CPI de Atios de Valdoviño.
Manuel Carballeira Rivas, artista plástico afincado en Valdoviño.
Ata o 17 de maio