- Galego
- Español
- English
Reforma de Biblioteca e outros na Casa da Cultura (POS 2016)
Obxecto:
Contratación da obra incluída no POS 2016: Reforma de Biblioteca e outros na Casa da Cultura.
Tipo de procedemento:
Aberto
Tipo de contrato:
Obras
Estado do procedemento:
Adxudicado
Orzamento (sen IVE):
97.310,60 euros.
Orzamento total:
117.745,83 euros.
Data de publicación:
luns, 13 Xuño, 2016
Medio de publicación:
Pregos e documentación:
Prazo de execución:
Seis meses.
Observacións:
Único criterio de adxudicación: factor prezo.
Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación por conta do contratista: máximo 1.000 euros (anuncios publicados no BOP e no diario).
Presentación de ofertas:
26 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, realizada o 10 de xuño. No Rexistro Municipal, de luns a venres (09:00 a 14:00 horas) e sábados (10:00 a 13:00 horas).
Clasificación do contratista:
Non se esixe.
Garantía:
Definitiva do 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.
Revisión de prezos:
Non procede.
Taxas do contrato:
Dirección e inspección de obra (2.453,21 euros) e coordinación de seguridade e saúde (817,74 euros).
Mesa de contratación:
Convocada a Mesa de contratación o día 25 de agosto ás 09:30 horas para a súa constitución, reconto de proposicións presentadas e cualificación da documentación administrativa (sobre A).
A Mesa de contratación declara admitidas todas as proposicións presentadas e solicita xustificación á proposta gañadora, deixando pendente a proposta de adxudicación.
Acordo de adxudicación:
A Xunta de goberno local do 04 de novembro de 2016 adxudica á empresa Sergonsa Servicios, S.L. a obra a contratación, cun prazo de execución de seis meses e un importe de 86.368,59 euros.