Axudas á obtención do carné de conducir
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha condución segura e responsable, pon ao teu alcance a obtención do carné de conducir.
Se tes entre 18 e 30 anos, resides en Galicia e, ademais, cumpres os seguintes requisitos:
- Es titular do carné xove
- A túa unidade familiar non ten ingresos superiores aos sinalados na orde (entre 2,5 e 3 veces o IPREM, dependendo da composición da unidade familiar)
- Estás matriculado nunha autoescola (no caso de que non teñas xa o carné de conducir, expedido con posterioridade ao 1 de xaneiro deste ano)
PODES OBTER UNHA AXUDA DE 250 €!
Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de novembro de 2013 e, ademais, asistir a un curso gratuíto de educación viaria organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Máis información na web de Xuventude.net: Aínda non sacaches o carné de conducir?
Ata o 1 de outubro