Contratación de 2 técnicos de Turismo
Estas bases teñen por obxecto a contratación laboral temporal de dous técnicos de turismo durante un máximo de catro meses coa finalidade de promocionar e difundir as diferentes actividades turísticas entre a poboación de Valdoviño e os visitantes, vinculada á subvención concedida pola Deputación Provincial a través do Programa DP0029/2021 de subvencións dirigido a los concellos e agrupación de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de Turismo durante o exercicio 2021.
5 días naturais dende a súa publicación no BOP