Punto de Información Catastral
O Punto de Información Catastral (PIC) é unha oficina autorizada pola Dirección Xeral do Catastro no Concello de Valdoviño e pon a disposición dos usuarios os seguintes servizos:
- Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
- Servizo de consulta e descarga de notificacións electrónicas nos procedementos catastrais.
O PIC está ubicado no segundo andar da Casa do Concello (Oficina técnica) e atenderá ao público os martes e mércores, de 10 a 13 horas.
Acceso aos servizos
Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre Puntos de Información Catastral tan só permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral, o seu representante ou persoa autorizada por el.
Polo tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o do solicitante, actúe por si mesmo ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da Xerencia/Subxerencia do Catastro, á que o interesado debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.
Tampouco poderán atenderse no Punto de Información Catastral as solicitude de quen se ampare nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario (arquivo pdf).
Formularios de solicitude de información
- Formulario de solicitude de datos polo titular catastral (formato pdf editable).
- Formulario de solicitude de datos por un representante do titular catastral (formato pdf editable).
- Modelo de autorización do titular catastral.
Os formularios están dispoñibles en formato pdf. Para poder visualizalos é preciso ter instalada a versión de Adobe Reader 5.0 (ou posterior), que pode descargarse dende a web de Adobe Reader .
Máis información
Pode obterse máis información catastral na Sede Electrónica do Catastro ou na Lexislación que regula o funcionamento do Punto de Información Catastral.