Iª Andada Valdoviño-Santiago de Compostela
O Concello organiza unha ruta entre Valdoviño e Compostela, polo Camiño Inglés. A andada farase durante o mes de maio, en cinco etapas:
- Valdoviño-Pontedeume: 1 de maio
- Pontedeume-Betanzos: 5 de maio
- Betanzos-Bruma: 12 de maio
- Bruma-Sigüeiro: 19 de maio
- Sigüeiro-Santiago de Compostela: 26 de maio
As prazas son limitadas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Valdoviño. A inscrición realizarase na Biblioteca Municipal, entre o 22 e o 26 de abril, en horario de 11’00 a 13’00 e de 16,00 a 19’00 horas.
Para confirmar praza será preciso cubrir a ficha de inscrición e presentar xustificante de pagamento. Cota de participación: 35,00 euros.
Máis información nos teléfonos 981 487 666 ou 981 492 311.
- Inicie sesión para comentar