O Concello da luz verde ao Programa de Educación e apoio familiar
O Concello, a través do Departamento de Servizos Sociais, pon en marcha o esperado Programa de Educación e apoio familiar, instaurado a través do Plan de convenios de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña. O Programa concíbese como un servizo educativo e psicosocial de prevención, intervención e apoio dirixido ás familias de toda a comunidade. Ten como finalidade promover a calidade de vida e o benestar social das familias e dos membros que a integran.
- Inicie sesión para comentar