Economía e Emprego
A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local ten por obxecto as seguintes accións:
- Fomento da creación e consolidación de empresas:
- Fomento da cultura emprendedora.
- Servizo de información: captación, tratamento e entrega de información de interese de carácter empresarial (axudas e subvencións, trámites coa administración, organismos...).
- Servizo de asesoramento: apoio no proceso de realización do plan de empresa (presentación do proxecto empresarial, mercado, comercialización, recursos humanos...).
- Servizo de apoio á tramitación: apoio á xestión das tarefas necesarias para a realización de trámites (cobertura formularios, entrega de documentación...).
- Fomento do emprego e da inserción laboral:
- Servizo de información laboral: proporcionar ás persoas demandantes de emprego toda aquela información de interese relacionada co mercado laboral (ofertas de emprego, mercado laboral...).
- Servizo de intermediación laboral: encaixar as ofertas de traballo das empresas cos demandantes de emprego (captación de ofertas de emprego, confección e envío de currículums, preparación de entrevistas de traballo).
- Servizo de orientación e asesoramento laboral: análise do potencial de empregabilidade, deseño de itinerarios de inserción, información sobre formación, etc.
- Tramitación de proxectos de emprego a nivel local.