Xunta e Concello colaboran nun proxecto de mellora do Arquivo municipal

A clasificación dos expedientes máis antigos facilitará a súa búsqueda e consulta axilizando o traballo dos servizos administrativos

Valdoviño, 26 de abril de 2022. A Consellería de Cultura vén de notificar a concesión dunha axuda de 5.671,20 euros solicitada polo Concello de Valdoviño para financiar actuacións de mellora do Arquivo municipal. O alcalde, Alberto González, explica que a Administración local completará a partida ata os 7.089 euros con fondos propios. 

A través desta actuación, procederase á clasificación dos expedientes máis antigos, especialmente os vencellados á área de Urbanismo, co ánimo de facilitar a súa localización e consulta, o que redundará nunha maior axilidade do traballo que desenvolven os servizos administrativos.