Xornadas de portas abertas nas unitarias

O CRA O Esquío convida ás familias a coñecer o seu día a día

Valdoviño, 2 de febreiro de 2022. Coa vista posta no próximo curso e en sumar novas matriculacións, as escolas unitarias integradas no CRA O Esquío convídannos a coñecer o seu día a día, as súas instalacións e proxecto educativo. Para iso, organizan as súas xornadas de portas abertas, coas seguintes datas: 

-Escola de Vilarrube: 14 de febreiro (teléfono 623 007 222)

-Escola de Lago: 16 de febreiro (623 009 243)

-Escola de Taraza: 18 de febreiro (623 009 319) 

Dada a situación actual, as persoas interesadas deben chamar aos respectivos números de teléfono e as docentes encargaranse de concretar os horarios. Así mesmo, tamén poden contactar a través das súas redes sociais. E lémbrannos un dato importante: a prematrícula debe formalizarse do 1 ao 20 de marzo.