Xornadas de portas abertas nas unitarias

O CRA O Esquío convida ás familias a coñecer o seu día a día

Valdoviño, 24 de xaneiro do 2023. Coa vista posta no próximo curso e en continuar sumando novas matriculacións, as escolas unitarias integradas no CRA O Esquío convídannos a coñecer o seu día a día, as súas instalacións e proxecto educativo. Para iso, organizan un ano máis as súas xornadas de portas abertas, e estas son as datas: 

-Escola de Lago: 1 de febreiro (623 009 243)

-Escola de Vilarrube: 2 de febreiro (teléfono 623 007 222)

-Escola de Taraza: 3 de febreiro (623 009 319) 

Nos últimos dous anos, as escolas unitarias de Valdoviño duplicaban o número de alumnas e alumnos, pasando dos 23 no curso 2019-2020 aos 53 do presente. Un proxecto educativo próximo, nunha contorna natural magnífica que se valora máis que nunca a raíz da pandemia, e que tamén influía no incremento do padrón municipal, son algunhas das razóns desa positiva evolución.