Xornada de portas abertas nas escolas unitarias

Celebraranse o próximo mes, con confirmación de asistencia

Valdoviño, 23 de xaneiro do 2026. As escolas unitarias integradas no CRA de Valdoviño celebrarán o próximo mes de febreiro unha nova xornada de portas abertas para dar a coñecer o seu día a día, as súas instalacións, e sobre todo, o seu proxecto educativo. Esta semana avanzaban as datas e horarios das visitas dirixidas ás familias, abertas pero con confirmación previa para unha mellor organización dos encontros. O calendario é o seguinte:

-Escola de Vilarrube: 25 de febreiro, ás 16:00 horas (teléfono 623 007 222)

-Escola de Taraza: 25 de febreiro, ás 16:30 horas (tel. 623 009 319)

-Escola de Lago: 25 de febreiro, ás 18:00 horas (tel. 623 009 243)

Así mesmo, as familias contan co teléfono da dirección do CRA: 623 105 879.