Xoga Nadal Valdoviño, a proposta de conciliación do Concello con actividades centradas na natureza, deporte e xogo para os máis pequenos
Aberto o prazo de inscrición no programa, dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos, e a celebrar baixo estrictas medidas de prevención fronte á covid-19 no pavillón do CPI Atios
O Concello activará nas vacacións escolares “Xoga Nadal Valdoviño”. Un completo programa de lecer para os nenos e nenas de entre 5 e 12 anos pensado especialmente cun dobre obxectivo: facilitar ás familias a necesaria conciliación de traballo e coidado dos fillos e fillas e ofrecer actividades divertidas e didácticas para os máis pequenos da casa.
Así, o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, explicou que o programa celebrarase no pavillón do CPI Atios os días 28, 29 e 30 de decembro e máis o 4, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 10,30 a 13,30 horas. A cuota é de 22,08 euros e as prazas son limitadas, con preferencia para aos/as empadroados/as en Valdoviño. Todas as actividades, recalca o concelleiro, desenvolveranse baixo un estricto protocolo de prevención fronte á covid e habilitaranse 4 áreas diferenciadas segundo a temática das accións a desenvolver, integradas por grupos burbulla de 5 nenos e nenas como máximo. Cada grupo permanecerá 45 minutos en cada zona, de modo que se roten as actividades a realizar.
A zona 1 estará destinada ás actividades medio ambientais, con obradoiros de reciclaxe e talleres de debuxo e pintura. Na zona 2, os máis pequenos e pequenas poderán crear as súas postais de Nadal, as cartas para Papá Noel e Reis Magos, marcos de fotos e xogar ao bingo das emocións. Na zona 3 haberá xogos populares: brilé, pillas, pano, busca do tesouro, carreiras de sacos, zancos… e, finalmente, na zona 4, o deporte será o rei, coa práctica de bádminton, tenis, atletismo, baloncesto ou relevos, entre outros.
A inscrición ábrese hoxe, 11 de decembro, e manterase ata o día 23 deste mes. Para formalizala é preciso enviar un correo electrónico a deportes@concellodevaldovino.com ou un whatsapp a 626 465 531 sinalando nome e apelidos do/a neno/a, data de nacemento, municipio de empadronamento e teléfono de contacto do/a responsable legal. A partir de aí, o Concello contactará coa persoa interesada.