VI Volta ás Forcadas

O Concello de Valdoviño busca con esta cita promocionar a práctica deportiva e o desfrute da natureza

Valdoviño, 27 de xuño do 2023. O Concello de Valdoviño organizou o pasado domingo a VI edición da Volta ás Forcadas. Unha cita deportiva coa que cada ano busca animar a nenos e maiores a practicar deporte e desfrutar ao mesmo tempo da natureza. Reuniu nesta ocasión a un centenar de atletas, a quenes agradecemos a súa participación, e aínda que os resultados foron o de menos, podedes consultalos na web municipal nas diferentes categorías. Agradecer tamén a Protección Civil a súa colaboración, e á Cooperativa de Vilaboa as facilidades brindadas.

CLAS_ABS_FORCADAS_2023

CLAS_INFANTIL_FORCADAS_2023 (1)

CLAS_ALEVÍN_FORCADAS_2023

CLAS_BENXA_FORCADAS_2023