Valdoviño sumarase a vindeira semana á campaña especial de doazón de sangue do verán

A unidade móbil de ADOS desprazarase ao municipio os días 4 e 5 de setembro

Valdoviño, 27 de agosto do 2025. Valdoviño sumarase a vindeira semana á campaña especial de verán da Axencia de doazón de Órganos e Sangue. A iniciativa márcase o reto de alcanzar as 27.000 doazóns que se calcula precisan os centros sanitarios durante este período estival, revertendo a habitual caída de doazóns que se rexistra durante o tempo de vacacións.

Así, a unidade móbil de ADOS trasladarase ao municipio durante dúas xornadas consecutivas para facilitar que veciños e visitantes poidan doar sangue sen ter que desprazarse da nosa localidade.

Segundo o calendario facilitado, o busca estará o xoves 4 de setembro, diante da Casa do Concello, de 10 a 14 e de 16 a 21 horas. Un día máis tarde, o venres 5, a unidade móbil estará diante da Cooperativa de Meirás entre as 16 e as 21 horas.

“Este verán, antes de viaxar, doa sangue” busca concienciar da importancia de manter as reservas dos hospitais para poder facer fronte ás 2.800 urxencias, 800 intervencións cirúrxicas, posibles transplantes de órganos e atención en hospitais de día que se rexistran de media cada xornada.

Como sempre, o chamamento a doar vai dirixido a calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue.