Valdoviño reuniu esta fin de semana ás promesas do tenis de mesa nos campionatos galegos
O pavillón municipal O Longoiro foi escenario das finais de prebenxamín, benxamín, alevín e xuvenil, ademais do Torneo Valdoviño
Valdoviño, 1 de xuño do 2026. Valdoviño reunía esta fin de semana ás mellores xogadoras e xogadores do tenis de mesa nas categorías de base para disputar os campionatos galegos. Así, o pavillón municipal O Longoiro acollía dúas intensas e emocionantes xornadas de competición nas que participaron máis dun centenar de deportistas. Tal foi o éxito da convocatoria, que a organización decidiu celebrar a maiores un torneo local para dar entrada a todas as persoas que solicitaran praza na competición. A federación e o Club de Tenis de Mesa Narón, encargado da loxística co apoio do Concello de Valdoviño, apostaban tamén por crear afición e novos seguidores para esta modalidade convocando unha xornada de portas abertas o sábado.
Disputadas as finais, aí van os resultados nas diferentes categorías:
Benxamín feminino:
Sira Fernández (1º)
Violetta Delgado (2º)
Benxamín masculino:
Jiaming Guo Chen (1º)
Anxo Castro (2º)
Xuvenil feminino:
Valeria Piñón (1º)
Nerea Pérez (2º)
Xuvenil masculino:
Mateo Lois (1º)
Pablo España (2º)
Prebenxamín masculino:
Haoli Bi (1º)
Anxo López (2º)
Alevín:
Jiaming Guo Chen (1º)
Anxo Castro (2º)
Alevín feminino:
Noa Lomba (1º)
Valeria Piñón (2º)
No Torneo Valdoviño:
Prebenxamín: Sergio Porto (1º) e Adriana Rey (2º)
Benxamín: Diego Soto (1º) e Adai Fernández (2º)
Alevín: Miguel Boedo (1º) e Manuel Montero (2º)
O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, acompañado do edil de Obras, Alejandro García, participaban no acto de entrega de trofeos aos gañadores e ás gañadoras.
