Valdoviño repite como sala do ciclo Mestre Mateo

Nos próximos dous meses, proxectará o mellor do audiovisual galego en sesións abertas ao público e tamén reservadas para o alumnado do CPI Atios e máis os maiores que participan dos talleres de estimulación cognitiva

Valdoviño, 06 de outubro do 2025. Por segundo ano consecutivo, Valdoviño formará parte da rede de salas do Ciclo Mestre Mateo, ofrecendo así a proxección dalgunhas das películas finalistas dos prestixiosos premios do audiovisual galego. O programa arrinca esta mesma semana, con tres pases reservados para o alumnado de Educación Secundaria do CPI Atios, e estenderase ata o mes de novembro, con outras proxeccións tamén para os centros educativos e aulas municipais de maiores e sesións abertas para o público en xeral.

A Concellería de Cultura inauguraba esta mesma mañá o circuíto coa cinta «+Cuñados». O estudantado de 2º curso da ESO do CPI Atios asistía á casa da cultura ao pase da longametraxe protagonizada por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey, unha divertidísima comedia finalista en oito categorías nos prestixiosos galardóns.

O ciclo continuará nas vindeiras xornadas coas seguintes cintas:

  • «Xustiza Artificial». Martes 7 de outubro, reservada para o alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI Atios
  • «Salvaxe, Salvaxe». Xoves 9 de outubro, para o alumnado de 3º de Primaria e 1º da ESO do CPI Atios
  • Curtametraxes: «Avetimoloxía», «Eu vou comigo», «Noites de prata», «Sipnasis» e «Platónico Platónico». Luns 13 de outubro, para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e para 1º, 2º e 3º da ESO do CPI Atios.
  • «Filmei paxaros voando». Xoves 16 de outubro, ás 20 horas, sesión aberta para un público maior de 12 anos.
  • «As Neves». Venres 17 de outubro, ás 20 horas, sesión aberta para un público maior de 12 anos.
  • Curtametraxes: «Nai», «Véxote» e «Pura». Xoves 23 de outubro, sesión reservada para o alumnado dos Talleres Municipais de Estimulación Cognitiva.
  • «Aurora». Xoves 6 de novembro, ás 20 horas, sesión aberta ao público.
  • «Prefiro condenarme». Martes 25 de novembro, ás 20 horas, sesión aberta ao público.
  • «Honeymoon». Xoves 27 de novembro, ás 11 horas, sesión reservada para o alumnado dos Talleres Municipais de Estimulación Cognitiva.