Image Alt

Concello de Valdoviño

  /  Alcaldía   /  VALDOVIÑO MAR – FUTURO A TODA COSTA

VALDOVIÑO MAR – FUTURO A TODA COSTA

É un proxecto promovido polo Concello de Valdoviño, para a valorización da actividade marisqueira e dos seus espazos extractivos no litoral do municipio.

VALDOVIÑO MAR – FUTURO A TODA COSTA está a realizarse grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento  local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar  aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).

  • Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 140.662,50 €
  • Coste subvencionable do proxecto (inversión pública + inversión privada): 100.732,50 €
  • Total axuda pública aprobada (€): 100.732,50 €
  • % Subvención: 100

Obxectivo xeral: Valorización do labor marisqueiro mediante a mellora das condicións de traballo dos percebeiros de Meirás e das mariscadoras de Vilarrube, dignificando o seu oficio a través da adquisición de equipamentos no territorio local, da execución de diversas accións de sensibilización, dirixidas a escolares e público en xeral e do asesoramento específico ao colectivo, para o mantemento e diversificación da súa actividade produtiva.

Obxectivos específicos:

  1. Mellorar as condicións de traballo do colectivo de mariscadores e mariscadoras no municipio, a través da adquisición de módulos integrais móbiles para aseo, garda de apeiros e útiles de extracción, prendas de seguridade individual, etc. identificados para o uso por parte do colectivo e puntos de información e concienciación sobre o furtivismo e os produtos do marisqueo no litoral.
  • Realizar accións de sensibilización dende os módulos integrais (sesións informativas de loita contra o furtivismo, puntos de encontro en rutas programadas dirixidas a diferentes públicos (alumnado, público adulto) e visibilizar a actividade extractiva no municipio, mediante dispositivos informativos fixos e móbiles sobre os produtos mariños (percebe, coquina, ameixa, berberecho, ostra…), os sistemas de extracción artesanal e a biodiversidade no litoral.
  • Asesorar ao sector do marisqueo no desenvolvemento de novos proxectos de emprendemento, canles de venda e transformación do produto e busca de liñas de financiamento.

Para acadar estes obxectivos, levaranse a cabo as seguintes actuacións, ao longo dos anos 2020, 2021 e 2022: