Valdoviño lembrará ao fotógrafo e activista medio ambiental Carlos Caraglia cun acto homenaxe o sábado 3 de xuño

O municipio da súa nenez e mocidade acollerá o acto, aberto á veciñanza, cando se cumpre un ano da súa despedida
Valdoviño, 25 de maio do 2023. Cando se cumple un ano dende a despedida do explorador polar, fotógrafo, filmmaker e activista medio ambiental Carlos Caraglia, os seus familiares e amigos organizarán co apoio do Concello de Valdoviño un acto de homenaxe para rendir tributo á súa memoria. Un evento que pretende ser anual, no que recordar a figura de Carlos, a súa actitude ante a vida, o seu compromiso co planeta e a súa paixón pola fotografía e a documentación. Celebrarase en Valdoviño, a terra da súa nenez e mocidade, onde foi bautizado co apodo de Bacalao porque sempre estaba a remollo nunhas augas, as da Frouxeira, nas que salvou moitas vidas como socorrista. Será precisamente nun espazo vinculado ao mar, no Océano Surf Museo, onde se desenvolva a homenaxe o sábado 3 de xuño, a partir das 9:30 horas.
Tras a presentación do acto e a intervención dos representantes municipais, arrancará o bloque titulado “Simplemente Carlos Caraglia”, coa proxeción dun vídeo dunha das súas charlas, “Ningún soño é imposible. Salvar o planeta tampouco”. O acto continuará abordando a infancia e mocidade de Carlos, coa participación de familiares e amigos, e baixo o título “Rebelde con causa”. E sobre as 10:30 h, chegará o momento de ”Creando mundos con imaxes”, no que se falará da especial relación entre Carlos e a fotografía, un dos seus modos de transmitir as súas paixóns, un modo de vida e un modo de ensinar que paga a pena loitar polo planeta.
Tras un breve descanso, retomarase a homenaxe co bloque “Camiños que se cruzan”, que nos permitirá achegarnos á expedición ao campamento base do Everest en abril de 2019, e compartir as vivencias de Carlos con Matti Hemmi, Miguel Ángel Toledo e Dani de la Serna. De seguido, en “Documentando o arte”, coa proxeción do documental “Loureiro”, de Carlos Caraglia, e “Pelexando pola vida”, co pase de “My last two years” e a intervención do doutor Francisco González-Llanos Fernández de Mesa.
Precedendo a clausura, presentarase o I Concurso de Fotografía “Memorial Carlos Caraglia”, incluíndo a entrega de premios por parte de Jesús García Flores e Montse González. E rematando o acto, sobre as 13:45 h, familiares e amigos de Carlos lembrarán a súa figura.