Valdoviño emprega os máis de 111.000 euros do POS+ Adicional 2/2024 a gastos correntes
O Concello destinou esta axuda a mellorar os accesos a núcleos de poboación
Valdoviño, 11 de xaneiro do 2025. O Concello de Valdoviño dispuxo durante o pasado ano dunha axuda da Deputación da Coruña por importe de 111.304,12 euros, no marco do POS+ Adicional 2/2024, para o financiamento de gastos correntes. Os fondos provinciais permitiron facer fronte ao custe derivado da prestación de obras e servizos de competencia municipal.
O pleno aprobaba no mes de agosto a proposta do goberno municipal de reservar estes fondos para gastos correntes, sendo o destino final dos mesmos o mantemento dos accesos aos núcleos de poboación, unha reivindicación permanente da veciñanza, especialmente na zona rural.
Comentarios
