Valdoviño destinou máis de 244.000 euros do POS+ 2024 a sufragar gastos correntes

O Concello empregou os fondos para facer fronte aos gastos do alumeado público 

Valdoviño, 10 de xaneiro do 2025. A Deputación da Coruña concedeu ao Concello de Valdoviño unha axuda de 244.752,98 euros, a través do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de Concellos) “POS + 2024”, para o financiamento de gastos correntes.

O pleno municipal aprobaba en febreiro a proposta de reparto dos fondos asignados ao municipio no marco do citado programa provincial base. Unha proposta que incluía reservar unha partida importante para facer fronte aos gastos en bens e servizos correntes. Nesta liña, o destino da subvención foi sufragar parte do coste derivado do subministro do alumeado público municipal, contribuíndo a mellorar así a seguridade nas vías públicas do municipio.