Valdoviño contratará un/ha auxiliar de biblioteca con cargo ao PEL-Concellos

As persoas interesadas no proceso de selección poderán presentar a súa solicitude a partir deste mércores e por espazo de 5 días hábiles
Valdoviño, 9 de maio do 2023. O Concello de Valdoviño abre este mércores 10 de maio o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso de selección para a contratación laboral temporal dun/ha auxiliar de biblioteca. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases específicas e a convocatoria para cubrir a praza, que se financiará con cargo á liña de subvencións PEL-Concellos 2023 concedida a Valdoviño, co que se inicia o procedemento de selectivo. O prazo é de 5 días hábiles a contar a partir de mañá.
O procedemento de selección será de concurso-oposición, e a duración do contrato será de 6 meses a xornada parcial (o 50%). As funcións, entre outras, serán apoiar ao persoal bibliotecario nas funcións de carácter técnico, velar polo cumprimento das normas de uso das instalacións, xestión e mantemento do fondo bibliográfico e documental, e atención ao público.
As bases e solicitude para participar no proceso poden consultarse e descargarse neste enlace: https://acortar.link/ebAmbH