Valdoviño contratará 1 albanel e 4 peóns con cargo ao programa PEL-Concellos
Coa publicación hoxe da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, ábrese o prazo de presentación de solicitudes para optar aos postos
Valdoviño, 14 de abril do 2023. O Concello de Valdoviño contrará 1 albanel e 4 peóns con cargo ao plan PEL-Concellos que impulsa a Deputación provincial da Coruña. O Boletín Oficial da Provincia publicaba hoxe as bases específicas e a convocatoria, abrindo así o prazo de presentación de solicitudes para as persoas interesadas. Será por espazo de 5 días hábiles, e o trámite pode realizarse no rexistro xeral da casa consistorial ou a través da sede electrónica.
Será unha contratación laboral temporal, por espazo de cinco meses e medio e con xornada parcial (75 % da xornada). O horario distribuiráse segundo as necesidade e organización dos servizos municipais de luns a domingo, e as persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego e figurar inscritos como demandantes de emprego nas Oficinas do INEM na data de inicio do proceso selectivo, e atoparse nunha situación de exclusión socio-laboral. Tanto a convocatoria como a solicitude poden consultarse e descargarse no seguinte enlace: https://acortar.link/hwQyHE
A Deputación financiará as citadas contratacións cunha achega de 43.000 euros.