Valdoviño celebra o pleno de organización
Deuse conta do reparto de áreas no goberno municipal e aprobouse a creación e funcionamento de comisións, periodicidade de plenos, adicacións ou retribucións, indemnizacións e asistencias
Valdoviño, 29 de xuño do 2023. O alcalde, Alberto González, presidía esta mañá o pleno de organización. De carácter extraordinario, nel deuse conta da composición do novo goberno municipal, coa delegación de áreas asignadas, así como do nomeamento dos tenentes de alcalde e dos voceiros dos grupos municipais. Aprobouse a creación, composición e funcionamento das comisións informativas; a periodicidade dos plenos; a representación nos diferentes órganos colexiados, e as retribucións, indemnizacións e asistencias dos membros da corporación.
Punto por punto, e comezando co novo executivo, Rosana García e Tamara Sabín poñeranse ao fronte das concellerías de Cultura, Educación, Xuventude, Servizos Sociais, Sanidade e Turismo. Sergio Saavedra responsabilizarase de Planificación Territorial, Deportes e Xestión Administrativa. Alejandro García ocuparase de Obras e Equipamentos. Benito Vega dirixirá a Concellería de Servizos, e Germán Gómez, a de Infraestruturas Viarias. Ademais, o alcalde, Alberto González, asume en exclusiva as áreas relativas ao desenvolvemento territorial e económico.
Deuse conta tamén ao pleno do nomeamento de tenentes de alcalde:
-Rosana García (1ª)
-Sergio Saavedra (2º)
-Benito Vega (3ª)
-Tamara Sabín (4ª)
Todos eles integrarán xunto ao alcalde a Xunta de Goberno Local, que se reunirá todos os xoves ás 9:30 horas.
Como voceiros dos grupos con representación na corporación actuarán: Rosana García (PSdeG-PSOE); Ana María Díaz (PP) e Andrés Rodríguez (BNG).
Acordouse a creación das seguintes comisións:
-Comisión Especial de Contas
-Comisión de Planificación Territorial e Xestión Administrativa
-Comisión de Educación, Cultura, Xuventude, Servizos Sociais, Sanidade e Turismo
-Comisión de Obras e Servizos
As comisións terán unha periodicidade mensual, e estarán integradas por 7 representantes: 3 concelleiros/as do PSdeG-PSOE; 2 do PP ; 1 do BNG, e o alcalde.
As sesións ordinarias plenarias tamén se celebrarán cada mes, os últimos xoves, ás 20:00 horas (agás os meses de xullo e agosto, que se determinará nunha xunta de voceiros previa).
Respecto ao capítulo de Retribucións, indemnizacións e asistencias, abonaranse as seguintes cuantías:
-Plenos: 150 euros/sesión (elévanse dende os 100 fixados dende 2011)
-Xunta de Goberno Local: 100 euros/sesión (dende os 80 euros)
-Comisións informativas e Mesas de contratación: 100 euros/sesión (dende os 50)
Así mesmo, aprobouse a adicación exclusiva do alcalde, cunha retribución bruta anual de 52.272,61 euros. Neste caso, cos votos a favor do PSOE e en contra de PSOE e BNG.
Ademais, aprobouse a relación de representantes da corporación nos órganos colexiados con competencia do pleno, sendo a seguinte:
-Consellos Escolares: Rosana García
-Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol: Alberto González
-Grupo Acción Costeira-GALP: Alberto González
-GDR Seitura 22: Alberto González